relatos finalistas del XLIV concurso de relatos…

RELATOS FINALISTAS

ITH ZARATUSTRA
É unha vila alongada, case en forma de arco. Éntrase nela deixando á esquerda o cemiterio, nunha esplanada virada para o mar un turista foi onte detido polos servizos policiais cando paseaba. As forzas de seguranza tiñan razóns para crer que o individuo en cuestión estaría envolvido nunha rede de tráfico de órganos. Despois dun rápido cacheo, as autoridades confirmaron as súas sospeitas: agochados dentro do corpo, o turista traía dous riles, un fígado e un esófago. Segundo os funcionarios, o individuo contaría vender eses órganos a unha clínica privada da vila. De nada serviron as protestas do detido, de que os órganos cos que traficaba se destinaban só para consumo propio.

A ETERNIDADE
É un pobo alongado, case en forma de arco. Éntrase nel deixando á esquerda o cemiterio.
Os do lugar con pasaporte de pasamento só teñen que alonga-lo brazo para sentiren o tacto tépedo dos vivos, unha morna caloriña que paseniñamente penetra polo fío da falanxe e, coma un río morriñento, vai arrubiando o camiño cara ao cranio.
Alí, onde a morte non é morte, onde a sabedoría é maxín, xorden as lembranzas nunha faísca de vida desde as fonduras negras das cuncas do mirar.
Xa o dixo Rosalía, “Negra sombra que me asombras”.

A PONTE
É unha vila alongada, case en forma de arco. Éntrase nela deixando á esquerda o cemiterio agochado entre cipreses que enfían ás primeiras laxes da ponte. A construción sortea o río coa solidez que lle impoñen todos os séculos que soporta. Ela permanece no seu cumio, allea ao mouro ceo que ameaza treboada mentres se asoma á varanda, fitándose ata o hipnotismo na superficie cristalina. Torce o bico desgustada polas novas engurras que, paseniño, van sucando o seu rostro e esa incipiente albura do cabelo que marca o inicio do inverno das idades. Entre principios de saloucos lanza unha pedra contra a imaxe líquida da realidade. El chega en silencio e apértaa polas costas. Murmúralle ao oído: “hoxe estás máis fermosa ca nunca”. Ela muda os seus beizos nun longo sorriso coa forma da vila á par que unha raiola de sol perfora ás nubes de chumbo.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Una Respuesta a relatos finalistas del XLIV concurso de relatos…

  1. maria josé dijo:

    Hola:

    Cuando podremos ver los tres relatos finalistas de Junio?

    Gracias

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *