Xardín Desordenado é o proxecto de cinco músicos con distintas orixes e diferentes estilos como o Jazz, o Fado e o Rhythm & Blues, que decidiron xuntarse para percorrer librerías e bibliotecas na procura de palabras ás que lle poñer música. No ano 2012 editaron o seu primeiro disco homónimo con textos de autores masculinos e, na actualidade, están preparando un segundo traballo con textos de autoras femininas..
O mércores 2 de Outubro as 21:h, as voces de Xardín Desordenado, Santiago Ferragud e Marlene Rodrigues presentarán no Galgala este proxecto: cancións en Swing, en Blus, en bolero, sobre fermosos textos, nun formato a dúo, íntimo e conmovedor.
Esperamos que os guste la idea… y si os apetece venir no olvidéis reservar mesa (986 22 14 17) que esto sigue siendo pequeño y acogedor 🙂
En el cartel podéis ver menú… ñan!