Proxecto Sapoconcho

Nesta ocasión a “Cea fóra de carta” terá como obxectivo (ademais de ser motivo de esparcimiento e pracer para os sentidos ;)) a presentación dun novo proxecto musical que están levando a cabo Sapoconcho Galego e Pablo Vidal, unha voz e un contrabaixo.
Como proxecto, un atrevemento e unha novidade ao mesmo tempo, máis se a voz é masculina como é o caso. O repertorio vai, dende algún tema propio até temas de sempre, levados, case que sempre ao terreo do blues. Ainda que serán o contrabaixo e a voz os protagonistas do espectáculo, tamén haberá outras sorpresas.
O obxectivo final do proxecto é a grabación dun Cd, no que quixeron colaborar destacadas figuras da lusofonía como Uxía, Sés, Clara Pino, Magín Blanco, e extraordinarios músicos como Abe Rábade, por citar somentes algúns deles.
Este concerto-cea pensamos que é unha boa maneira de achegar a sua música a todos nun ambiente íntimo e acolledor.
proxecto-sapoconcho
Si queredes achegarvos non esquezades reservar mesa: 986 22 14 17

Esta entrada fue publicada en Cenas "fuera de carta", Novedades. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *