Y el relato ganador de la LXI edición es….

PENDRIVE

“Todo o mundo fala deles, pero ninguén os ve”
Mais eu sei que teño un no meu xardín. Seino porque come as miñas framboesas. Seica non gusta tanto dos amorodos. Enfadaríame, pero é que tamén fai cousas boas como manter as pragas baixo control, coida da horta e saca as herbas improcedentes.
Ademais ás veces faime rir. Antonte atopei un montiño de pedras unhas postas enriba das outras mantendo un equilibrio incrible. Como o conseguiu? Pero o gracioso non é iso, senón que as colocou enriba dun pobre caracol. E ía o caracol polo xardín cargando coa casa e coas pedras todas ao lombo. Qué traste!
Gustaríame saber onde se mete. Hai un buraco detrás do loureiro pero non podo crer que sexa tan pequeniño. Onte atopei un zapatiño verde minúsculo e creo que é seu. Vou poñer unha cámara agachada entre os fentos a ver se o pillo sen que se decate.

Escrito por ÁNGEL LÓPEZ TRIGUERO. Nuestra más cordial ENHORABUENA! 🙂

Esta entrada fue publicada en Concurso Literario, Relatos ganadores. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *