Relato ganador de la LVII edición

El relato ganador ha sido escrito por MIGUEL CALVO MARQUES y es el siguiente:

“O PESO DO TEMPO”

“De repente se volvió hacía el reloj para ver la hora que era”
E o reloxo non estaba aí. Que raro, pensou ela. Púxose a enagua, subiu a saia e atou os cordóns do xustillo. Pola ventá entraban os primeiros raios do amencer, pero non sabía a hora. Almorzaba ás 7, tostadas con requeixo, tecía ata o xantar, falaba co padre, ceaba cos seus, lía os evanxeos e durmía outra vez. Unha vida sosegada. Non sabía a hora, estaba nerviosa. Saiu ao salón, o cuco tampouco estaba alí. Onde estaban os reloxos? Tiña que almorzar xa? Mirou cara o xardín, ao lado da fonte co anxo de pedra había un charco de lama. Debo coller o requeixo? preguntouse ela. Pero non sabía a hora. Saiu ao xardín e tirouse sobre o barro. Colleu lodo coas dúas mans e untou as enaguas. Había anos que non sorría tanto. Ao fondo do camiño, chegaba o seu avó guiando o carro de cabalos. Volvía cos reloxos. Ela sentouse sobre o barro e comezou a chorar.

Nuestra más cordial enhorabuena Miguel!!
Te esperamos en Gálgala para que vengas a recoger tu premio 🙂

Esta entrada fue publicada en Concurso Literario, Relatos ganadores. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *