Ya tenemos el ganador del LIV concurso de relatos breves…

Nuestra más cordial enhorabuena para ANTONIO SAMPIL PEQUENO que ha sido el ganador de esta edición, con su relato:

TRANSGRESIÓN

O tipo do espello contestou por min, aquela tarde.
Cando subín pola escada que leva ao faiado e abrín a porta de vagar, esta emitiu un laído, como se alguén me chamase desesperadamente. Avancei até a xanela e tirei das contras. As raiolas alumearon un espello longo e aquel vello baúl. Abrino desexando atopar o que non procuraba. Entre unha chea de cousas apañei unha foto donde estaba eu, de cativa, coas coletas e o vestido de ballet que tanto agradaba a papá. A miña beira Lucía, xa era moi fermosa de meniña. Lembrei as noites a compartir cama e segredos, e ela a camiñar cara a praia, coa saia lila que tan ben lle sentaba. Pousei o marco, apartei os zapatos de ballet e, ao fondo, mirei aquilo, o seu traxe negro, o de papá, coidadosamente dobrado, có chapeu a un lado. Puxen primeiro o chapeu e erguinme, inconscientemente. Espinme, a modo, a vestín a camisa, os pantalóns, o chaleco e a chaqueta. Ollei entón para o espello e coloqueime fronte a el. Respirei profundamente. E o tipo do espello contestou por min: “A Lucía sempre lle gostaron os homes de traxe”.

Te esperamos en Gálgala! 🙂

Esta entrada fue publicada en El Concurso, Relatos ganadores. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *