Exposición de JULIÁN BRAVO JASO

Si queréis conocer un poco al autor de las pinturas de la nueva exposición, leed a continuación:

Julián Bravo Jaso (1958)

-Como foi que un día vostede quixo pintar?
Desde neno sentinme sempre engaiolado; é por iso que me gusta pintar: para evadirme.

-Lembra o seu primeiro debuxo?
Si, foi no correccional de San Electus; cando chegou ata a miña catreira aquela baralla pornográfica que circulaba polas celas, fixen das fotos máis explícitas algunhas copias apresuradas con rotuladores Carioca (o meu sponsor), que tiveron grande suceso na galería.
Cambiábaas por tabaco ou pola sobremesa das comidas.

-Podería vivir sen pintar?
Como non, de feito cando son libre non pinto nada! Vexo ao meu redor en panorámica e penso: Que bonito é todo isto! Vou pintar mañá! Porén, non pinto nunca!
Xa ti sabes como funciona: Cando un é feliz non fai falla querer atrapar retrincos de vida nun lenzo, nunha polaroid ou nunha cuartilla branca… Comparo ese facto coma o dalgún tarado triste que pretendese perpetuar, nun álbum poeirento, a fermosura efémera das bolboretas picadas nun alfinete.
Traspasar o espello, penetrar a pintura, esquecerse dun…

-Pois moitas grazas!
Non hai de que.

IMG-20160713-WA0010

IMG-20160713-WA0009

20160726_130945

20160726_130850

20160726_130955

20160726_130910

Si os apetece pasaros por aquí para echar un ojo a la expo… a mi me encanta 🙂

Esta entrada fue publicada en Exposiciones. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *